/r/Galiza
Fogar das fillas e dos fillos de Breogán
Fogar das fillas e dos fillos de Breogán.
/r/Galiza
Estaba lendo o libro de Xavier Valiño "A paixón que queima o peito", sobre o bravú (sen rematar aínda), e informándome sobre a movida atopeime con iso de que algúns grupos coma os Yellow Pixoliñas ou os Heredeiros non querían ser identificados dentro do xénero ca etiqueta bravú.
Alguén sabe motivos ou ten elucubracións sobre por que rexeitaban esta agrupación que obviamente na práctica era bastante clara? Podo entender que etiquetarse desa forma ao mellor faise limitador nalgún sentido, a saber.
Ola, o sitio web "Desgalipedia" foi casi completamente vandalizado por un usuario turco chamado "Sikipedist" e leva asi desde o dia 3 de Novembro. Eu só leo o sitio web de vez en cando e non sei se este sitio web ainda ten unha comunidade de editores activa (o Discord xa non existe e as paxinas de Twitter e Facebook estan inactivas por uns poucos anos). Dame pena porque é unha capsula do tempo a uns tempos do internet máis simples, especialmente feito en lingua galega.
Alguen pode contactar a algun administrador que poda desfacer o desastre?
Olá a todos. Sou portuguesa e gostava de ler livros em galego para aprender a língua. Livros normais, com linguagem normal para falantes nativos. Sendo eu portuguesa já consigo ler livros em espanhol, que é mais diferente, por isso em galego não deve ser difícil.
Que livros em galego recomendam que eu leia?
Bo dia!
Aquí vos deixo un documental que posteou a AGAL hai uns meses e que me pareceu de bastante calidade para as poucas vistas que ten, sobre a integración económica silenciosa que se deu nas últimas décadas entre o norte de Galiza e Portugal. Evidentemente os reintegracionistas temos sempre que arrimar a sardinha à nosa ascua e falar das implicacións linguísticas do asunto, pero penso que é interesante mesmo se o reintegracionismo non vos importa moito.
Ola, xentiña! Hai xa tempo que din o paso a ser completamente monolingue. Gustaríame atopar un podcast en galego. Nas películas e nas series parece que xa se comeza a dobrar máis contido. Non sei se vós tedes algún en mente. Agradezovos as aportacións!
Veño vivir a Santiago dende que a miña muller estuda aquí, xa probei algo da comida galega e encántame. Pero quero facer algunhas cousas eu.
Onde me recomendas mercar marisco? A opción obvia é o Mercado de Abastos e as peixeiras, pero non sei se os supermercados tamén teñen bos prezos e calidade (aínda que me dá rabia pagar a grandes intermediarios).
Sede respectuosos nos comentarios.
Ola alguen sabe se o mellor banco do mundo situado no miradoiro do campo da rata en Cedeira (Redondela) segue ali? Fun fai unha semana pero moi de noite e non o din atopado. Vin en novas que desaparecera sen deixar rastro máis non sei se o volveran a poñer.
Boas, levo anos buscando un libro que lín cando era unha nena na escola, pero non recordo o nome do libro. Era un libro de terror con ilustracións que contaba a historia de tres nenas que, como na Bella e a Bestia, tiñan que ir a vivir cun monstruo unha a unha. O único que recordo era que cando morrían se decían frases como: "Zaca, degolouna" ou "Zaca, cortoulle a cabeza". Alguén coñece este libro?
Son de aldea, mais na miña casa só os meus avós falan galego, e comigo e co meu irmán mudan ao castelán, polo que crecín entendendo galego pero falando só castelán, ademáis de serme metido na cabeza todos os prexuizos e o desprezo á lingua galega.
Gustaríame comezar a falar galego pero non me sae natural de todo e dame vergoña falalo mal ou que sone artificial e facer o ridículo cos que sí saben falalo ben. Ademáis, a maioría dos meus amigos falan castelán e nunca na miña vida ninguén me oíu falar galego fora das clases nas que era preciso, polo que tamén me asusta ese choque.
Imaxino que é a situación típica á que se enfronta a maioría de "proxectos" de neofalantes, e gustaríame atopar a forma de afacerme a falalo pouco a pouco sen pasalo moi mal. Polo de agora estou comezando a tuitear só en galego porque escrito cústame menos e porque é o único espazo que atopo no que sentirme segura.
Algunha experiencia ou consello que se vos ocorra para min ou para outras persoas pensando en mudar ó galego?